mércores, 15 de outubro de 2014

O Samaín das ofertas en Burela

Agora que estamos chegando á recta final do módulo tentamos realizar un escaparate que atraira a atención dos/as clientes a base de ofertas terroríficas... O Samaín está chegando a Burela cargado de promocións interesantes coas que pretendiamos atrair ao público ata que chegaran as datas do Nadal.

Equipa de traballo
Pese aos nosos esforzos non conseguimos partir dunha idea definida nin estar o suficientemente ben organizados para que o proxecto se realizara con éxito. E o escaparate quedou realmente terrorífico... pero no sentido non desexado.

Cartel descontos
 Da nosa experiencia gardamos como lección que unha organización deficiente leva á obtención de resultados non desexados e que para crear algo novo debemos partir dunha idea clara e compartida polos membros da equipa.

Fica no recordo a homenaxe ao antigo faro de Burela, destruido por un polbo xigante que arremeteu violentamente contra el, eliminando toda luz de esperanza de chegar a facer unha composición completa.

Polvo xigante a piques de destruir o faro de Burela
Adeus faro de Burela, adeus Samaín. 

Comeza un novo período lonxe das sombras. 

Comezamos a creación do noso escaparate de Nadal!!!

O faro de Burela rodeado de pantasmas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario