venres, 29 de agosto de 2014

Taller de comercio

Xa temos en marcha o noso novo Taller de Comercio!

Taller de Comercio

Tenda

Lineais

Mostrador e escaparate

Mostrador

Almacén

Agora é tempo de enchelo de produtos e experiencias, comeza o traballo de deseño ;)

martes, 26 de agosto de 2014

Valoración dos blogs

En primeiro lugar, baseándonos nas enquisas de valoración dos blogs propostas na aula obtivemos os seguintes resultados:


Destaca o blog de "Pronto! Academia de idiomas" coma o mellor valorado entre os/as usuarios/as con respecto á imaxe, á presentación realizada na aula e o interese suscitado.


Atendendo á cantidade de visitas recibidas en cada blog dende a súa creación podemos establecer a seguinte orde dos blogs más visitados:
 

A este respecto destaca sustancialmente o blog de "Bebidas Energéticas Ecológicas // Attitude Drink" con 612 visitas no momento de creación de este post e que se sitúa á cabeza dos máis visitados cunha vantaxe de 268 visitas máis do que o noso seguinte blog máis visitado.

Noraboa a todos os participantes polo seu esforzo e dedicación na creación e primeiros pasos destes blogs na aula e, en especial, aos dous mellor valorados e visitados. Bo traballo! 

xoves, 21 de agosto de 2014

Memoria

A memoria elaborada deberá conter como mínimo os seguintes puntos:
  1. Presentación sobre o produto escollido, información xeral e características.
  2. Análise da competencia directa e indirecta.
  3. Análise e definición do meu público obxectivo.
  4. Escolla do tipo de establecemento/negocio máis adecuado para a venda do producto escollido.
  5. Definición do PVP.
  6. Escolla dos elementos publicitarios.
  7. Simulación no punto de venda. Experiencias e análise dos puntos fortes e débiles.
  8. Exposición de resultados, análise DAFO e conclusión final.
Data de entrega: 15/10/2014.

mércores, 20 de agosto de 2014

Que temos aprendido neste módulo?

Entre outras moitas cousas... temos aprendido:

  • As diferenzas entre macro e micro-entorno.
  • A facer a escolla do noso canal de distribución como fabricantes.
  • A escoller a nosa estratexia de distribución dos nosos produtos segundo as súas características.
  • Os aspectos básicos sobre que son e como funcionan as franquicias.
  • A clasificación dos minoristas en función do sistema de venda utilizada e do tipo de establecementos.
  • Certos tipos "especiais" de vendas.
  • Os tipos de vendedores profesionais.
  • Cales son e en que consisten as retribucións variables.
  • O que é e para que utilizamos o argumentario de vendas.
  • Cales son os documentos comerciais.
  • Cales son os tipos de IVE.
  • Cales son os tipos de vendas.
  • Cales son as fases do proceso de venda.
  • A xerarquía das necesidades de Maslow.
  • O proceso de decisión de compra.
  • O ciclo de vida do producto.
  • A matriz da Boston Consulting Group.
  • Cales son as e como utilizamos técnicas de persuasión para as compras.
  • Cales son as e como utilizamos técnicas de comunicación aplicadas ás vendas.
  • Como utilizamos a linguaxe verbal e non verbal.
  • A diferencia entre as promocións dirixidas a consumidores / intermediarios / vendedores.
  • As tipoloxías de tendas virtuais.
  • Os medios máis habituais de pagamento nas compras online.
  • Algúns medios promocionais utilizados en Internet.