venres, 26 de setembro de 2014

Visita didáctica: C.C. MARINEDA CITY

Hoxe visitaremos un dos centros comerciais máis grandes de Europa: o C.C. Marineda City en A Coruña.

Plano do CC. Marineda City (A Coruña)
HORARIO:

08.30h. Saída de Burela en dirección a A Coruña.

10.15h. Chegada ao Centro Comercial Marineda City. Percorrido en grupo polos locais máis destacados e explicación do desenvolvemento das actividades a realizar. Determinación do Segundo Punto de Encontro.

10.45h. Pausa café e creación de grupos pequenos, de 2 a 3 persoas, para o correcto desenvolvemento das actividades. Confirmación da hora exacta do segundo encontro no punto sinalado anteriormente.

11.15h. Cada parella/trío comezará a realizar as actividades propostas seguindo as explicacións recibidas. A comunicación necesaria realizarase, na medida do posible, mediante o grupo de Whatsapp creado a tal efecto.

13.15h. Reunión no Segundo Punto de Encontro e posta en común das primeiras impresións recibidas.

13.45h. Pausa xantar e fin da actividade. Regreso a Burela.

xoves, 25 de setembro de 2014

Tenrura, frescura, enerxía e sabor

"Ternura, frescura, energía y sabor" foron as catro palabras escollidas pola Equipa B para definir o seu escaparate, presentado onte na aula por Antonio, María, Miriam e Tatiana.


Escaparate

Ademáis de incorporar novos elementos como os puntos de luz e movemento dos pequenos candís, engadiron á mostra unha composición musical que polas súas características facían que o público se trasladara á escea inmediatamente. A composición escollida foi a sinfonía "O outono", das Catro estacións de Vivaldi, música instrumental, melódica e facilmente recoñecida polo público.

Detalle fondo
Detalle bebida Attitude Drink de Quemabe
Detalle carriño de Pequeñines


Detalle Adidas de Mariah

Detalle salsas de Alimentación Quemabe

Detalle punto de luz
A composición resultante foi ben acollida polo público que valorou o exercicio cunha nota dun 7 sobre 10. Graciñas, Equipa B, por achegarnos a vosa fantástica visión do outono. Bo traballo!!!

Equipa B

mércores, 24 de setembro de 2014

Que temos aprendido neste módulo?

Entre simulación e simulación... temos aprendido:
  • O que é un almacén e como debemos utilizalo segundo diferentes métodos organizativos.
  • As características e conservación dos produtos segundo os diversos materiais dispoñibles no mercado.
  • A clasificación do stock e os criterios de almacenaxe.
  • Os métodos de valoración das existencias e as fichas de almacén ou de inventario.
  • A implantación dos produtos no punto de venda.
  • A segmentación do mercado.
  • Comportamento do cliente no punto de venda.
  • O espazo comercial: tenda, escaparate e almacén.
  • Xestión dos lineais.
  • Orde e limpeza no punto de venda.
  • A animación no punto de venda.
  • Aquecemento de zonas frías.
  • A cartelística e a publicidade no punto de venda.
  • O empaquetado comercial.
  • Utilización de materiais e acabados persoais para presentacións especiais.
  • Os informes comerciais.

venres, 19 de setembro de 2014

Vive o outono máis natural

A Equipa A, formada por Ana, Silvia, Mauro e Bianca, presentounos o seu escaparate de temática outonal baixo o lema: "Vive el otoño más natural". Este foi o resultado:

Escaparate
Se trataba de presentar catro productos moi diferentes nun mesmo espazo integrándoos de xeito que existise unha coherencia na distribución dos elemtos no entorno. Os catro produtos son: queixos Garcia Baquero, portátiles Acer, os cursos de idiomas da Academia Pronto! e pranchas do cabelo Ghd. 

Detalle portátil Tecnosil e Academia Pronto!

Detalle cartel Academia Pronto!

Detalle queixos Alimentación Quemabe
Detalle xeral prancha Accesories Hair
Detalle prancha Accesories Hair

A composición resultante foi do agrado do público que valorou o exercicio cunha nota dun 8 sobre 10. Noraboa a todos o membros da Equipa A polo traballo ben feito!!!


Equipa A


xoves, 18 de setembro de 2014

Valoración dos blogs 2

Tres semanas despois da primeira avaliación do impacto e a opinión dos compañeiros sobre os nosos blogs observamos que a tendencia non ten mudado en exceso e a Academia Pronto! continúa na súa posición de líder como o blog mellor valorado polos compañeiros.


Merece sen embargo un toque de atención observando a mudanza na intención de voto. Nesta ocasión observamos un reparto mais ecualitario nas votacións e isto precisamente provoca a perda de puntos que sofre a Academia Pronto! que ve minorada a súa puntuación media con respecto a anterior votación de 4,5 a 4,18 puntos sobre 5. Feito que o sitúa nunha situación de maior risco con respecto aos blogs de Bebidas Energéticas Ecológicas // Attitude Drink, que obtén 4 puntos de media fronte aos anteriores 3,74, e Pequeñines, que obtén un 3,83 aumentando así a súa puntación en 0,5 puntos con respecto a anterior votación.