mércores, 29 de outubro de 2014

Oferta de emprego - Valladolid

Se ofertan 120 postos de vendedores/as para Decathlon Valladolid.

http://aquihaytrabajo.rtve.es/empleos/oferta/155118/vendedor-a-deportista.html

O único requisito é que o/a solicitante sexa un/ha amante do deporte e que como vendedor/a presente unha clara orientación ao cliente.

mércores, 22 de outubro de 2014

Felices Festas 2014 - Bo Nadal!

Despedimos a nosa andaina presentando o último escaparate realizado, composto por motivos navideños, para festexar as vindeiras festas do Nadal.


Árbore de Nadal e produtos ofertados
Cartelería, elementos decorativos de cores brillantes e xogos de luces atraen a atención do/a viandante que fascinado/a polo ambiente navideño do local adicará uns minutos a avaliar a oferta de artigos que lle presentamos.

Detalle carro de produtos
O cariño e o esforzo adicado fican plasmados na composición realizada por todos os integrantes da equipa estudiantil: Antonio, Silvia, Mauro, María, Miriam, Tatiana e Bianca. Graciñas a tod@s por participar e... felices festas!!!

Escaparate de Nadal

martes, 21 de outubro de 2014

Que temos aprendido neste módulo?

  • Os factores fundamentais desenvolvidos na atención ao cliente.
  • En que consiste o marketing relacional.
  • Os sentidos nos que se pode desenvolver a comunicación.
  • Elementos da comunicación externa.
  • Variables que inflúen na atención ao cliente.
  • Os cuestionarios, as regras de redacción e os seus tipos de preguntas.
  • Elementos que conforman a satisfacción do cliente.
  • En que consiste a matriz DAFO e cal é o obxectivo da súa realización.
  • Xestión de queixas e reclamacións.
  • Tipos de arquivos.
  • O arquivo na Administración Pública.
  • Confección e presentación de informes.
  • A "ventana de Johari".
  • Barreiras e dificultades na comunicación interpersoal presencial.
  • Aspectos importantes da expresión verbal.
  • A comunicación non verbal.
  • Empatíaasertividade e escoita activa.
  • A comunicación non presencial.
  • A comunicación telefónica non verbal.
  • A comunicación escrita.

mércores, 15 de outubro de 2014

O Samaín das ofertas en Burela

Agora que estamos chegando á recta final do módulo tentamos realizar un escaparate que atraira a atención dos/as clientes a base de ofertas terroríficas... O Samaín está chegando a Burela cargado de promocións interesantes coas que pretendiamos atrair ao público ata que chegaran as datas do Nadal.

Equipa de traballo
Pese aos nosos esforzos non conseguimos partir dunha idea definida nin estar o suficientemente ben organizados para que o proxecto se realizara con éxito. E o escaparate quedou realmente terrorífico... pero no sentido non desexado.

Cartel descontos
 Da nosa experiencia gardamos como lección que unha organización deficiente leva á obtención de resultados non desexados e que para crear algo novo debemos partir dunha idea clara e compartida polos membros da equipa.

Fica no recordo a homenaxe ao antigo faro de Burela, destruido por un polbo xigante que arremeteu violentamente contra el, eliminando toda luz de esperanza de chegar a facer unha composición completa.

Polvo xigante a piques de destruir o faro de Burela
Adeus faro de Burela, adeus Samaín. 

Comeza un novo período lonxe das sombras. 

Comezamos a creación do noso escaparate de Nadal!!!

O faro de Burela rodeado de pantasmas...